O PP impide bonificar as taxas de auga e saneamento ás familias con escasos ingresos

O PP impide bonificar as taxas de auga e saneamento ás familias con escasos ingresos

Xose_RepresasA proposta do BNG de Ponteareas, presentada hai días por Xosé Represas, para bonificar as taxas de auga e saneamento ás familias con escasos ingresos, non será tratada no Pleno deste martes por non completar o goberno do PP e Solla o expediente cos informes técnicos e a financiación destas reducións. Con esta decisión,“o goberno local impide que as bonificacións propostas poidan aplicarse en 2015, negándolle estes beneficios ás persoas que están nunha situación precaria a nivel económico”, declarou Represas.

O BNG lamenta a actitude de Solla e lembra as escandalosas subas de impostos, aprobadas por PP e ACIP en auga, rodaxe de vehículos, IBI -Contribución- ou o imposto de licencias de obras e construcións, que subiron nun 80%.

As axudas suporían un alivio para familias sen recursos

Grupo_pleno_outubroA crise económica está creando unha situación socialmente complicada. Moitos veciños e veciñas teñen graves problemas para vivir con dignidade. Por esta razón, o BNG presentara esta iniciativa para ser aprobada polo pleno, unha proposta para bonificar o 50% dos recibos de auga e saneamento ás persoas en paro, xubiladas, pensionistas, perceptores da RISGA, do Subsidio por Desemprego ou de axuda familiar, sempre que os seus ingresos anuais totais non superen o salario mínimo. “Estas axudas suporían un alivio para as familias sen recursos, pero economicamente representan un importe ridículo para os 13 millóns de euros de ingresos do Concello”, afirmou o candidato do BNG á alcaldía de Ponteareas, Xosé Represas.

O Bloque lembra que mentres se nega esta rebaixa de taxas aos máis desfavorecidos, o goberno local sigue tirando cada mes con miles de euros pola incapacidade do PP para renegociar o contrato da recollida do lixo como prometeron hai tres anos.