CONVERTERON O RÍO NUNHA CLOACA

O PP debería pedir perdón polo dano causado no Tea

O PP debería pedir perdón polo dano causado no Tea

O BNG de Ponteareas saíu ao paso das críticas lanzadas polo PP ao Alcalde de Ponteareas en relación coa ampliación da depuradora municipal. Segundo o Bloque, “o PP está deslexitimado para falar sobre os problemas do río Tea, porque foron eles os que converteron o río nunha cloaca e non deron solución en 25 anos a ese problema. En lugar de criticar a Represas, deberían pedir perdón aos cidadáns polo dano que causaron”.

Nemesio Boente, BNGPara o responsable local do BNG, Nemesio Boente, resulta “gracioso ver ao PP esixindo que Represas en pouco máis de tres anos resolva un problema desa magnitude que eles crearon e non solucionaron en décadas”. Os nacionalistas salientan que “o actual goberno en tempo record conseguiu que o Ministerio redactara o proxecto de ampliación da depuradora e asumira o 60% do financiamento”.

“Lamentamos que ao PP, por razóns partidistas, lle moleste a capacidade do Alcalde para buscar solucións a este grave problema, pero deberían pensar no pobo, apoiar ao goberno neste asunto e pedir á Xunta que tamén cofinancie parte da obra”.