PP e ACIP aproban un plan económico que mantén o tinglado de enchufismo a costa de subir impostos

PP e ACIP aproban un plan económico que mantén o tinglado de enchufismo a costa de subir impostos

O BNG presentou no Pleno un Plan de saneamento económico que permitía un maior aforro e non subir impostos, proposta que PP e ACIP rexeitaron

Xosé Represas, lider da oposición (461x580)O BNG de Ponteareas presentou, no Pleno extraordinario celebrado o luns, un plan de saneamento económico como alternativa á proposta do goberno do Partido Popular. “Frente ao aumento de impostos defendido polo PP, o BNG propuxo aforrar en persoal cumprindo a sentenza dos enchufados, eliminar o despilfarro e reducir en partidas de gastos xerais”, afirmou o portavoz do BNG, Xosé Represas, que defendeu a iniciativa no Pleno.

Represas demostrou con datos que é posible sacar a Ponteareas da bancarrota se se aplican as políticas adecuadas. Coas medidas do plan de saneamento económico do BNG sería posible un aforro anual de 900.000 euros, evitando así a subida de impostos que aprobaron PP e ACIP. O plan do BNG prescindía da refinanciación de 3 préstamos, como aprobaron PP e ACIP. A iniciativa nacionalista tamén contemplaba eliminar as escandalosas subas do imposto de obras e de vehículos, ademais da revisión do IBI para eliminar a inxustiza provocada pola inclusión de parcelas a tributar de terreos que o PXOM non considera como fincas urbanas.

O Plan económico de PP e ACIP incrementa a débeda do Concello con máis intereses por pagar 3 préstamos con novos préstamos

O BNG cualificou de “demencial a política do PP: para pagar as débedas xeran novas débedas con novos préstamos. O PP quere solucionar a asfixia económica que eles mesmos provocaron, agrandando aínda máis o problema, pagando máis intereses. O concello non se sanea con máis préstamos, sanéase cun plan económico que ataque os problemas desta desfeita económica municipal que provocaron as políticas do PP”, afirmou o portavoz do BNG.

Xosé Represas, no pleno.“O  Concello incrementa a carga fiscal sobre a cidadanía nun 37%, en 3 anos, para pagar os pufos acumulados polo Partido Popular durante décadas. En 3 anos as subas de impostos sumarán máis de 2,5 millóns de euros”, afirmou o portavoz do BNG, engadindo que ese diñeiro “non será destinado para obras e servizos básicos; será para pagar os intereses da débeda acumulada polo PP no Concello”.

Os nacionalistas, que volveron a responsabilizar ao PP da bancarrota do Concello, lembraron no Pleno que xa en 2006 o BNG presentara unha iniciativa para aprobar o Plan de Saneamento Económico que o PP encargara ao Colexio de Interventores de Pontevedra. Daquela o goberno municipal do PP votou en contra. Dende entón a situación económica empeorou gravemente pola decisión do PP de non aplicar ese plan e de empregar aínda a máis persoal cando xa se advertía de que a plantilla estaba sobredimensionada.

O PP négase a aplicar a sentenza dos enchufados nas propostas de despidos de persoal

O BNG emendou a partida de redución en gastos de persoal para aplicar a sentenza dos enchufados amortizando as prazas que están cubertas ilegalmente, proposta que foi rexeitada cos votos de PP e ACIP.

 

DIFERENCIAS ENTRE O PLAN DE SANEAMENTO DO BNG E O PLAN DE SANEAMENTO APROBADO POR PP E ACIP PARA 2014-2016

MEDIDAS DE AFORROPROPOSTA do BNGPROPOSTA do PP co apoio de ACIP
Gastos de Persoal292.000 €150.000 €
Gastos correntes605.000 €45.000 €
MEDIDA QUE INCREMENTA A DÉBEDA
Intereses de aprazar os préstamos 3 anos0 €230.000 €

PP e ACIP aproban un plan económico que mantén o tinglado de enchufismo a costa de subir impostos