Ponteareas tramitará a iniciativa do BNG para contar cun obradoiro de emprego despois das municipais

Ponteareas tramitará a iniciativa do BNG para contar cun obradoiro de emprego despois das municipais

Represas_candidato_plO BNG de Ponteareas valorou positivamente o compromiso, asumido no Pleno deste martes polo goberno local a instancia do BNG, para que Ponteareas poida contar no cun obradoiro de emprego para 40 persoas despois das eleccións municipais de maio. O portavoz do BNG, Xosé Represas, que defendeu a iniciativa nacionalista, ofreceuse a colaborar co goberno e os técnicos municipais nesta tramitación, co obxectivo de ofrecer ás persoas en paro que hai en Ponteareas unha oportunidade de completar a súa formación cun contrato de 6 meses cobrando o salario mínimo.

O BNG “forzou” no Pleno un compromiso para ampliar a rede municipal de auga no rural aos veciños sen este servizo básico

Por outra lago, o BNG tamén “forzou” un acordo para ampliar a rede municipal de auga, naquelas parroquias que non contan con traídas veciñais, para garantir este servizo básico a todos os veciños que o soliciten das parroquias de San Mateo, Angoares, Fontenla e Moreira. A petición destas parroquias foi manifestada polos veciños destas nas Asembleas abertas celebradas polo BNG.

A proposta do BNG, Ponteareas revisará a ordenanza de recollida do lixo para fixar a distancia mínima dos colectores

Xosé Represas, explicou a proposta para modificar a ordenanza de recollida do lixo para fixar a distancia mínima dos colectores ás vivendas. A instancia do portavoz do BNG, o Alcalde comprometeuse a convocar, nas vindeiras semanas, unha Comisión Informativa de todos os Grupos da Corporación e cos técnicos municipais para consensuar esta modificación que posteriormente sería ratificada no Pleno. A ordenanza tamén recollerá as bonificacións a aplicar á aqueles veciños que teñan a súa vivenda a maior distancia do colector que a mínima fixada.