Ponteareas continúa perdendo subvencións pola incompetencia de Solla e Villar

Ponteareas continúa perdendo subvencións pola incompetencia de Solla e Villar

O BNG de Ponteareas, a través da Concelleira Verónica Carrera, denunciou a perda de subvencións da Xunta de Galicia para a instalación de caldeiras de biomasa na Escola Infantil Municipal e no Centro Social, pola incompetencia do alcalde, Salvador González Solla e a concelleira de facenda Belén Villar, incapaces de xestionar o concello de Ponteareas e de presentar un só orzamento en catro anos.

O goberno perdeu 40.000 € para instalar caldeiras de biomasa na Escola Infantil e no Centro Social

O INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) concedeu, con cargo a convocatoria do pasado ano 2014 para a instalación de calefacción con sistemas de biomasa en edificios públicos, unha axuda do 80% do custe total dos proxectos que ascendían a 49.732 euros. Solla e Villar deixaron perder esta subvención por non levar a Pleno os orzamentos ou unha proposta para que o Concello aportase unicamente os 10.000 euros restantes.

Veronica_CarreraVerónica Carrera cualificou de “lamentable a actuación do Alcalde Solla e da concelleira de Facenda Belén Villar, por non cumprir coas súas obrigas”. Carrera considerou vergonzosa a actuación da concelleira de Facenda, máis interesada na propaganda e no autobombo que en resolver a situación económica do Concello.

Os nacionalistas agardan que os ponteareáns aposten nas eleccións de maio por un cambio de rumbo no Concello “Ponteareas non pode seguir nas mans duns incompetentes que cada día causan perdas económicas ao Concello despois de levalo á bancarrota, é hora de acabar co desastre”, declarou Verónica Carrera.