Ponteareas carga cada ano con 80.000 euros do déficit da residencia, que é competencia da Xunta

Ponteareas carga cada ano con 80.000 euros do déficit da residencia, que é competencia da Xunta

O BNG de Ponteareas critica a incompetencia do goberno local do PP, do Alcalde Salvador González Solla, da concelleira de Servizos Sociais Rosa Carrera e da concelleira de facenda Belén Villar, pola súa incapacidade para xestionar o traspaso da residencia de maiores á Xunta de Galiza

Pola incapacidade do PP, Ponteareas carga cada ano con 80.000 euros dun déficit que é competencia da Xunta

carrera_pleno

O Bloque lembra que “despois de 30 meses de tramitación e transcorrido máis dun ano dende que a Xunta solicitase ao goberno local un estudio económico dos gastos de persoal e mantemento para o traspaso da residencia, todo sigue igual e Ponteareas sigue cargando anualmente cun déficit de máis de 80.000 euros por un servizo que é competencia da Xunta. A incapacidade manifesta do PP sigue afundindo a Ponteareas” afirmou Verónica Carrera, concelleira do BNG.

A concelleira do BNG anunciou a presentación de iniciativas institucionais para que tanto o goberno do PP no Concello como na Xunta dean conta da situación actual de tramitación do expediente de traspaso da residencia, tramitación que o goberno local ten retrasado en todo este tempo.

En lugar de defender os intereses de Ponteareas diante da Xunta, calan, agochan a cabeza diante dos seus xefes

Verónica Carrera asegurou que o que sucede coa residencia é un exemplo máis da incompetencia do PP no Concello e tamén de que a Xunta non asume as súas responsabilidades coa conivencia do PP de Ponteareas. “Solla e Villar, despois de levar o concello á bancarrota, seguen pagando co diñeiro de Ponteareas o que é unha obriga da Consellería de Benestar. En lugar de defender os intereses de Ponteareas diante da Xunta, calan, agochan a cabeza diante dos seus xefes, e poñen por diante os seus intereses persoais e de partido”, manifestou a concelleira do BNG.

Os nacionalistas anunciaron que obrigarán á Xunta de Galiza a asumir a xestión e o déficit da Residencia da Terceira Idade, se en maio reciben a confianza dos veciños para gobernar, por ser unha competencia que por lei lle corresponde á Xunta como recoñece a propia Consellería de Benestar.