FOI APROBADA POR TODOS OS GRUPOS POLÍTICOS AGÁS O PP

Ponteareas aproba unha moción do BNG para garantir o acceso universal á sanidade pública

Cristina Fernández Davila
Cristina Fernández Davila
Ponteareas aproba unha moción do BNG para garantir o acceso universal á sanidade pública

O BNG de Ponteareas presentou ao Pleno ordinario do mes de xaneiro unha moción para restituír o acceso universal á sanidade pública. Con dita proposta, aprobada por todos os grupos políticos agás o PP, Ponteareas insta ao Goberno do Estado a derrogar o Real Decreto-Lei 16/2012, que supuxo unha transformación profunda do noso sistema sanitario.

O Real Decreto-Lei 16/2012 expulsou da sanidade a milleiros de persoas

Segundo manifestou a concelleira do BNG, Cristina Fernández Davila, “instamos tamén á Xunta de Galiza a non aplicar este Real Decreto-Lei no noso país,  xa que reduce a achega pública sobre medicamentos, prestacións e recursos sanitarios, co conseguinte incremento do gasto para as familias”. A concelleira do BNG engadiu que “a nova lexislación rompeu co principio fundamental de Universalidade do Sistema Nacional de Saúde, xa que os devastadores efectos desta medida fixeron que milleiros de persoas en circunstancias adversas se visen expulsados do sistema sanitario”.

 

“En vista da situación, faise evidente que o fin definitivo da exclusión sanitaria e a restitución dun sistema sanitario verdadeiramente universal só poden chegar a través dunha modificación lexislativa de alcance estatal que leve implícita a derrogación do Real Decreto-Lei 16/2012”, concluíu Cristina Fernández