O Pleno de decembro en Ponteareas evidenciou a parálise do PP, sen ideas nin proxectos de futuro

O Pleno de decembro en Ponteareas evidenciou a parálise do PP, sen ideas nin proxectos de futuro

Pleno_decembro_2O Pleno do Concello de Ponteareas, celebrado este martes 16 de decembro, evidenciou a “parálise” do goberno do Partido Popular, un goberno sen ideas nin proxectos para o futuro de Ponteareas. Despois de negarse a apoiar demandas da cidadanía como un trato fiscal xusto para os emigrantes retornados, o alcalde, Salvador González Solla non foi capaz de concretar os prazos para presentar no Pleno o documento do Plan Urbanístico coas modificacións das 3.000 alegacións e dos informes sectoriais. O Alcalde tampouco explicou como en máis de 3 anos non foi capaz de realizar a tramitación urbanística necesaria para a construción da nova escola infantil, investimento que conta co 50% do seu custe  comprometido polo Estado dende ó 2010.

En canto a situación actual do Plan Xeral de Ordenación Municipal, González Solla non foi quen de concretar a situación real de tramitación do Plan. Máis alá de repetir a propaganda das súas comunicacións aos medio, non fixou ningún calendario para o remate dos traballos de revisión das alegacións, nin de presentación aos colectivos sociais das modificacións, nin cando estarían o documento do PXOM listo para a súa aprobación polo Pleno.

Represas retou a Solla a un debate no Auditorio sobre os retrasos do PXOM e da construción da nova escola

represas_reta_sollaO Portavoz do BNG e candidato á alcaldía de Ponteareas. Xosé Represas, retou a González Solla a un debate no Auditorio Municipal, diante de todos os colectivos sociais, e dos veciños que presentaron 3.000 alegacións, sobre os retrasos na tramitación do Plan Urbanístico e as responsabilidades do PP na xestión dos terreos para a nova escola infantil que impiden a súa construción.

Ademais, os nacionalistas obrigaron a González Solla a comparecer sobre a situación de abandono e suxedade de parques, prazas e rúas de Ponteareas. O BNG esixiu a realización dun informe sobre o estado dos parques infantís do municipio, denunciou os graves accidentes sufridos por algúns nenos pola falta de mantemento, o incumprimento da normativa europea en materia de parques, e por permitir o tráfico rodado nas horas de xogos polo medio da Praza Maior. Nin o Alcalde, nin o Concelleiro de Seguridade deron conta das actuacións de vixilancia da policía local sobre os parques e prazas públicas nin dos expedientes sancionadores iniciados.