Pleno debaterá iniciativas do BNG sobre Ecocelta, servizo de auga, parques infantís e reforma electo

Pleno debaterá iniciativas do BNG sobre Ecocelta, servizo de auga, parques infantís e reforma electo

bngponteareasO Pleno deste martes inclúe na súa orde do día até 6 iniciativas do BNG sobre os temas de actualidade política no Concello de Ponteareas. Os nacionalistas intensifican a fiscalización do goberno do PP e forzan o debate de cuestións de interese para á cidadanía. Así, o Pleno debaterá sobre o servizo municipal de abastecemento de auga, xestionado pola empresa Viaqua, tratando os  problemas deste servizo básico.

Outro dos puntos da orde do día é o adicado á Ecocelta. Os nacionalistas solicitan que o Alcalde de conta da tramitación da licenza solicitada por esta empresa en xaneiro de 2013, para a realización de obras de mellora ambiental integrada, tramitación que está sendo demorada sen xustificación. Os nacionalistas consideran que o PP e Solla “en lugar de axudar aos emprendedores, son os maiores destrutores de emprego”. O BNG considera inaudita a persecución realizada dende hai anos contra Ecocelta por parte do goberno local do PP, empresa que pode perder unha subvención de máis de 60.000 euros e un investimento de máis de 100.000 euros se o goberno local non tramita a licenza de inmediato.

cabezallo_fb

O BNG propón rexeitar a proposta do PP para reforma da Lei Electroal

Tamén se abordará no Pleno unha moción do BNG para rexeitar a pretensión do Partido Popular de reformar a lei electoral a só uns meses das eleccións municipais. Unha proposta que “é un golpe á democracia e contraria ao interese do conxunto da sociedade”. O BNG propón incrementar a pluralidade política e garantir unha representación máis proporcional á vontade expresada pola cidadanía.

 

O BNG reclama o coidado dos parques infantís, deteriorados polo abandono do goberno

Ademais, o BNG pide a comparecencia do Alcalde sobre a situación dos parques infantís, parques nos que como consecuencia do seu deterioro, e abandono por parte do goberno local, téñense producido accidentes infantís nos últimos meses. O BNG reclama o debido coidado dos parques infantís. Tamén se tratará da falta de zonas específicas para cans no núcleo urbano e os problemas de sanidade e hixiene que provocan os excrementos dos cans nas rúas e nas zonas de xogo dos nenos.

 

Moción sobre o grave problema da avespa asiática

Por último o BNG, recolleu a preocupación dos apicultores da comarca, e inclúe unha moción para tratar o grave problema da avespa asiática, especie invasora que está acabando coas nosas abellas e repercutindo na colleita de viño e de outras froitas. Os nacionalistas solicitan incrementar os medios para retirar os niños da avespa asiática e aplicar adecudamente os protocolos previstos para evitar a súa propagación como sucedeu recentemente cun niño retirado na parroquia de Areas.

orde_pleno