O BNG organiza en Ponteareas unha charla - debate sobre os ventres de alugueiro

O BNG organiza en Ponteareas unha charla - debate sobre os ventres de alugueiro

Este venres 27 de outubro, Ponteareas acollerá unha charla organizada polo BNG sobre os ventres de alugueiro, unha práctica mal denominada en moitas ocasións "xestación subrogada". Será ás 20:00 horas na sala de conferencias do Auditorio Municipal, e permitirá debater o que implica para as mulleres a legalización desta práctica. 
 

Nesta charla participará Ana Bringas, responsable da acción feminista e integrante do Consello Nacional do BNG, que exporá a posición adoptada por esta organización política dende o momento no que se xerou o debate en torno aos ventres de alugueiro.