Os orzamentos do Estado para 2015 son outra burla e un novo incumprimento do PP con Ponteareas

Os orzamentos do Estado para 2015 son outra burla e un novo incumprimento do PP con Ponteareas

Copia de Xos Represas realizando unhas declaracins para a TVG (2)Xosé Represas, portavoz do BNG en Ponteareas, afirmou que os orzamentos que o Estado adicará a Ponteareas en 2015, “son outra burla e un novo incumprimento do PP con Ponteareas. O Partido Popular marxina ao noso Concello e só se lembra da circunvalación de Ponteareas nas eleccións”, manifestou Represas con relación a ridícula partida de 120.000 prevista nos últimos orzamentos do goberno de Rajoy para esta prioridade de Ponteareas.

Para os nacionalistas, este feito é unha demostración máis de que o alcalde, González Solla, non pinta nada dentro do Partido Popular ao ser incapaz de conseguir executar a circunvalación, que é absolutamente necesaria. “Con este novo ninguneo e co seu silencio cómplice, Solla demostra que non actúa como Alcalde defendendo o seu concello, senón que é un alcalde que pon por diante os seus intereses persoais e de partido”.

O BNG lembra que o Estado “debe construír a circunvalación de Ponteareas conectando o núcleo urbano e a N-120 co enlace da Autovía en Moreira. O PP e Rajoy prometeron esta actuación xa co goberno de Aznar e na campaña das eleccións xerais de 2011, a hoxe ministra de Fomento, Ana Pastor, acompañada de Solla, Castro e Feijoo prometeron de novo a circunvalación. Nestes 4 anos non fixeron nada e agora volven a burlarse dos veciños e veciñas de Ponteareas”.