As iniciativas do BNG protagonizan o Pleno deste martes en Ponteareas

As iniciativas do BNG protagonizan o Pleno deste martes en Ponteareas

Grupo_pleno_outubroO Pleno ordinario que se celebrará este martes 21 de abril, a partir das oito da tarde, tratará ata sete iniciativas do BNG sobre temas de actualidade e de interese para a cidadanía como o mantemento do Rexistro Civil, rexeitando a medida do goberno do PP en Madrid que privatiza este servizo que pasaría a depender do Rexistro Mercantil en Pontevedra; a reposición das paradas de autobús en Guillade, eliminadas polo goberno de Feijoo na liña As Neves-Ponteareas ou o apoio aos veciños de Pías na reclamación do Monte Carreira como veciñal en man común, monte que neste momento figura como propiedade do Estado.

No Pleno deste martes tamén comparecerá a concelleira de emprego e comercio, Marisol Valado, para que explique e responda as cuestións plantexadas pola Asociación de Comerciantes “Ponteareas Comercial” sobre a súa xestión neste mandato, especialmente nos últimos dous anos. Valado tamén terá que xustificar as bases utilizadas para a contratación de 34 persoas desempregadas con cargo ao Plan provincial de conservación e funcionamento de bens e servizos.