Encontro feminista en Ponteareas cara á folga de mulleres do 8M

Encontro feminista en Ponteareas cara á folga de mulleres do 8M

folga-feminista-redes.PONTEAREASO BNG organiza en Ponteareas unha mesa redonda feminista cara á folga de mulleres do vindeiro 8 de marzo.

Neste encontro, que se celebrará este xoves 28, ás 20 horas na sala multiusos do Auditorio Municipal, intervirá Rosa Chantada, Secretaria de Muller da CIG – Vigo e Ana Bringas, integrante do Consello Nacional do BNG e coordinadora do grupo nacional de acción feminista. Estará conducido por Verónica Carrera, concelleira de Benestar Social e Igualdade no Concello de Ponteareas.

Dende o Bloque animan a mulleres e homes a “asistir a este encontro para coñecer os motivos e os papeis a desenvolver nesta folga feminista e participar aportando opinións e compartindo ideas para construír unha sociedade que loite contra a desigualdade”.