Diego Prego, novo concelleiro do BNG de Ponteareas en substitución de Serxio Covas

Diego Prego, novo concelleiro do BNG de Ponteareas en substitución de Serxio Covas

O BNG de Ponteareas agradécelle a Serxio Covas Gándara o traballo desenvolvido en favor da cidadanía, así como do BNG, no que leva participando dende 1999. Serxio Covas deixou a acta por motivos persoais e para que a labor de concelleiro, no último ano de mandato, sexa asumida por outra persoa da candidatura do BNG.

Desde o BNG manifestamos o noso respecto a esta decisión e agradecemos tamén a súa disposición a continuar colaborando coa organización, mantendo neste sentido o seu compromiso co proxecto nacionalista polo que traballa o BNG.

diego (2)

A acta será ocupada dende o Pleno deste martes por Diego Prego Boente, que entra por primeira vez na Corporación de Ponteareas. Prego é natural da parroquia de Guláns e participa activamente nos colectivos sociais da súa parroquia, sendo nestes momentos directivo da Asociación de Veciños, da Comunidade de Montes e da Sociedade de Caza.