O BNG PROPÓN UN GRAN ACORDO DE PAÍS EN MATERIA DE POLÍTICA FORESTAL

O deputado do BNG Luís Bará visita en Ponteareas comunidades da Asociación Forestal de Galiza

Luís Bará, durante a visita
Luís Bará, durante a visita
O deputado do BNG Luís Bará visita en Ponteareas comunidades da Asociación Forestal de Galiza

Luís Bará, deputado do BNG no Parlamento Galego, realizou unha visita ás comunidades de montes de Xinzo, Ribadetea e Couso, socias da Asociación Forestal de Galiza. Esta  visita tivo lugar tras ser convidado o BNG a manter un encontro con estas comunidades, que amosaron o seu descontento coas políticas levadas a cabo polo Partido Popular dende a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galiza.

O deputado no Parlamento Galego informou ás comunidades de montes da proposta do BNG para abordar un gran acordo de país en materia de política forestal que, escoitando ao sector, permita corrixir os erros e establecer as bases para un monte limpo, ordenado e multifuncional como mellor antídoto contra os incendios e a favor dun rural vivo.

A ordenación é fundamental para tirar o máximo rendemento do monte

Visita BaráBará indicou que esta ordenación “é fundamental para definir para que vale cada espazo de territorio e así tirar o máximo rendemento cun aproveitamento multifuncional do monte”. O deputado nacionalista lembrou que “cando o BNG estivo no goberno da Xunta, dende a Consellería de Medio Rural tomáronse medidas ambiciosas de planificación e ordenación, así como medidas de xestión integral do monte”

Luís Bará, que asistiu a esta visita acompañado de concelleiros e membros da organización local do BNG, agradeceu o convite e indicou que “é unha experiencia imprescindible para coñecer ao pé do terreo a realidade do sector forestal, intercambiar opinións coas persoas que traballan nas comunidades e coñecer os seus problemas e as súas demandas para realizar un traballo político máis frutífero.”