Crear a figura de coordinador de actividades deportivas

Crear a figura de coordinador de actividades deportivas

multideporteO BNG-Asembleas Abertas de Ponteareas creará a figura de coordinador de actividades deportivas, se recibe a confianza dos ponteareáns e ponteareás para gobernar a partir do 24 de maio, e promoverá a intervención dos clubs na planificación da política deportiva municipal. O Bloque tamén fomentará o acceso aos deportes minoritarios e aos xogos tradicionais.

Xosé Represas, candidato do BNG á alcaldía, explicou as características do cargo de coordinador que recaería nunha persoa con perfil técnico e consensuado con todas as forzas políticas para dotar a este posto da maior estabilidade. Por non contar no Concello cunha persoa coa formación técnica requirida para este perfil, sería unha persoa allea a administración municipal.

As funcións desta nova figura centraríase, como indica o seu nome, en coordinar e organizar as distintas actividades deportivas promovidas polo Concello e conxuntamente cos distintos clubs deportivos o uso das instalacións municipais. Outro dos cometidos sería promocionar as disciplinas deportivas que se practican no ámbito municipal para achegar a práctica deportiva ao conxunto da sociedade.

O goberno do BNG garantirá o acceso de todos os veciños e veciñas á práctica deportiva

IMG_0335Represas tamén destacou que o goberno do BNG garantirá o acceso de todos os veciños e veciñas á práctica deportiva e indicou que, nos encontros cos clubs deportivos, a queixa máis repetida foi a falta de mantemento das instalacións municipais e a necesidade de maior apoio fronte á política do PP que só se lembra dos clubs e das instalacións cando chegan as eleccións. O Candidato do Bloque anunciou que porán en marcha un “plan de instalacións deportivas para construír novas instalación, tanto na vila como no rural, así como para o mantemento e conservación das instalacións existentes”

Por outro lado, o candidato do BNG-Asembleas Abertas resaltou o impacto económico que o deporte ten no concello, e neste sentido o programa do Bloque contempla a realización de eventos deportivos que atraian novos visitantes a Ponteareas, co correspondente beneficio para a hostalería e comercio local.