O Consello Consultivo confirma as teses do BNG sobre a revisión do contrato de recollida do lixo

O Consello Consultivo confirma as teses do BNG sobre a revisión do contrato de recollida do lixo

Copia de Xos Represas realizando unhas declaracins para a TVG (2)Segundo informa o Portavoz do BNG e candidato á alcaldía de Ponteareas, Xosé Represas, un ditame previo do Consello Consultivo de Galiza ven de informar favorablemente a proposta para actualizar os custes salariais, o prezo do contrato para a recollida do lixo, en base aos índices oficiais do INE -Instituto Nacional de Estatística-.

Esta resolución do Consultivo de Galiza, avala as teses defendidas polo BNG, en abril de 2008 e abril de 2011, cando PP, PSOE e os Independentes -daquela UCPA-, aprobaron un incremento do prezo do contrato de limpeza viaria, xestión do punto limpo e recollida de lixo en base aos intereses da empresa concesionaria e en contra do réxime de revisión fixado no contrato e na normativa vixente.

O BNG manifesta que a proposta aprobada por unanimidade no Pleno extraordinario deste martes, 30 de decembro, é toda unha rectificación da posición que mantivo o goberno do PP e o Alcalde á hora de revisar anualmente o canon. Os nacionalistas consideran que esta decisión suporá un considerable aforro na revisión anual do canon a pagar á empresa concesionaria, respectando o contrato asinado no seu día.

Con decisións como esta afundiuse aínda máis a economía do Concello de Ponteareas

Os nacionalistas lembran que o contrato inicial, que xa ascendía a máis de 800.000 euros anuais, incrementouse en 108.000 euros ao ano, máis dun 13,6%, só no primeiro ano, en 2008, pola irresponsabilidade do Partido Popular. Daquela, o Alcalde, en lugar de defender os intereses de Ponteareas, defendeu os intereses da empresa a cargo dos cartos dos veciños e veciñas. “Con decisións como esta afundiuse aínda máis a economía do Concello”, afirmaron os nacionalistas.

En coherencia co aprobado no Pleno extraordinario de decemrbo, os nacionalistas pedirán revisar as decisións plenarias de 2008 e 2011 para coñecer o sobrecuste pagado nestes anos por unhas decisións contrarias ao contrato e á normativa de aplicación.