O Concello segue acumulando residuos nunha parcela da Freixa pola que xa foi sancionado

O Concello segue acumulando residuos nunha parcela da Freixa pola que xa foi sancionado

vertedoiro_freixa_rioO BNG de Ponteareas denuncia a acumulación de restos de podas, verteduras de terras e outros refugallos nunha parcela de propiedade municipal situada a carón da área de recreo da Freixa.

Os nacionalistas responsabilizan ao alcalde, Salvador G. Solla, responsábel ademais de Medio Ambiente, e ao concelleiro de Vías e Obras, Alberto Novoa, pola acumulación destes residuos. “O PP volve a mostrar a súa incapacidade e incompetencia en relación co medio ambiente” sinalan dende o BNG, por repetir cada ano o mesmo atentado ao medio, infracción pola que o Concello de Ponteareas xa foi condenado nos últimos anos.

A Consellaría de Medio Rural ten sancionado ao Concello pola ilegalidade deste vertedoiro nunha finca municipal 

lixo_vertedoiro_freixaNunha das sancións, a Consellaría de Medio Rural impón unha multa de 1.000 euros “pola comisión dunha infracción consistente en almacenar grandes restos de podas a menos de 50 metros de vivendas e próximo á masa forestal colindante en zona de recreo de A Freixa”.

O PP queimou documentación

Os nacionalistas lembran que nesta finca, o goberno do PP queimou diversa documentación do departamento económico do Concello, tal e como denunciou o BNG á Policía Autonómica.

queima_documentos_1Curiosamente, esta queima, ordenada polo Alcalde, foi realizada días antes de que o Concello de Ponteareas fose intervido pola Policía xudicial no marco da operación “Patos”, sen ningún tipo de control nin relación da documentación queimada. Para acelerar a destrución da documentación utilizaron neumáticos co que provocaron outro atentado contra o medio ambiente.

O BNG esixirá explicacións ao goberno do PP por manter este vertedoiro ilegal, as previsións para eliminar este punto de acumulación de residuos e si existe algún plan para reciclar estes restos.