O Concello de Ponteareas, nos últimos postos en transparencia e información pública na web

O Concello de Ponteareas, nos últimos postos en transparencia e información pública na web

transparenciaO Concello de Ponteareas ocupa, xunto co de Marín, gobernado tamén polo Partido Popular, os últimos postos en transparencia e información á cidadanía a través da páxina web. Un estudo realizado entre os concellos galegos de máis de 20.000 habitantes deixa a Ponteareas cunha cualificación de “moi deficiente”, pois só alcanza 24 puntos sobre un total de 100.

O estudo, denominado “calidade e transparencia na información pública”, está realizado polo grupo de Cidadanía e Comunicación da Universidade de Santiago, en colaboración con un equipo de investigación da Universidade Autónoma de Barcelona. O informe, realizado baixo a dirección dos profesores Luís Álvarez Pousa e Amparo Moreno, analiza 41 indicadores en cada web municipal, organizada en catro bloques temáticos: Quen son os representantes políticos?; Como xestionan os recursos colectivos?; Como informan da xestión dos recursos colectivos?; Que ferramentas se ofrecen para a participación cidadá no control democrático?.

É o que se pode agardar dun goberno que oculta información á cidadanía e minte sistematicamente

bngponteareasO BNG salientou que “estamos diante dun novo dato que pon de manifesto que ademais dunha nefasta xestión, que levou ao Concello á bancarrota a costa de manter o tinglado da dereita no Concello, o PP en Ponteareas non practica a transparencia, senón todo o contrario”. O BNG cre que “non é de extranar que Ponteareas sexa un exemplo de falta de transparencia, cun goberno que ocultan a convocatorias de prazas para traballar no concello e minten sistematicamente como fixo a concelleira de Facenda Belén Villar coa débeda municipal, mentindo ata ao Ministerio de Facenda en 2012, o que provocou o embargo do 50% dos ingresos do Estado”

O BNG responsabiliza ao goberno local do Partido Popular de danar á imaxe de Ponteareas no país, aparecendo como un exemplo, en estudios oficiais, de falta de transparencia.