O Concello de Ponteareas, condenado a pagar a unha empresa 576.700 euros con intereses do 43,4%

O Concello de Ponteareas, condenado a pagar a unha empresa 576.700 euros con intereses do 43,4%

casa_concelloO Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven de condenar ao Concello de Ponteareas a aboar a empresa Construcciones Vale, S.L. a cantidade de 576.700 euros, dos que máis de 174.400 son en concepto de intereses de demora polo impago de diversos contratos de obras realizadas para o Concello entre os anos 1992 e 2008. O BNG culpa dos 174.473,71 euros de intereses aos gobernos do Partido Popular, alcaldes e concelleiras de facenda; José Castro, Salvador González, Nava Castro e Belén Villar, por negarse a pagar estas débedas.

Estes intereses, computados pola Tesoureira Municipal ata o 31 de decembro, representan o 43.4% sobre a débeda orixinal de 402.233,46 euros. O importe dos intereses segue incrementándose cada día mentres non pague o total da débeda, tal como recolle a sentenza xudicial ditada pola Sala do Contencioso Administrativo do TSXG do 27 de novembro de 2014.

As débedas pagaranse cos impostos de todas, en lugar de destinar eses cartos a servizos básicos

Obngponteareas BNG advirte que esta actuación irresponsable e incompetente do goberno do Partido Popular no Concello, prexudica a todos os veciños e veciñas de Ponteareas, pois todas estas débedas terán que pagarse nos próximos meses cos impostos, en lugar de destinar estes cartos para obras e servizos básicos. Esta situación repitese cada ano, pois en 2013 o goberno do PP no Concello xa destinou 625.000 euros a pagar intereses das débedas.

Os nacionalistas fan un chamamento á cidadanía para “facer limpeza no concello, parar este desastre nas eleccións municipais de maio, e inhabilitar politicamente aos responsables da xestión do PP Concello”, engadindo que “o BNG é garantía dun Concello e un goberno local rigoroso e austero, e destinará o diñeiro de todos ao que realmente importa, a crear emprego en lugar de pagar despilfarros e gobernos inútiles para os veciños”