O BNG replica a Solla que Ponteareas terá a estabilidade que o PP non deu en 12 anos

O BNG replica a Solla que Ponteareas terá a estabilidade que o PP non deu en 12 anos

3.HORTENSIA BAUTISTA FERNÁNDEZO BNG de Ponteareas, a través da concelleira Hortensia Bautista, saíu ao paso das declaracións do Alcalde en funcións, Salvador González Solla, quen augurou inestabilidade no Concello para os vindeiros catro anos.

Os nacionalistas lembraron que “nos 11 anos que Solla ocupou a Alcaldía a inestabilidade foi permanente, unhas veces gobernando en minoría sen capacidade de chegar a acordos co resto de grupos e outras gobernando en coalición cos independentes con tensións continuas e varias rupturas do goberno”.

Hortensia Bautista amosouse convencida de que “as forzas nacionalistas e progresistas, con once concelleiros que suman a maioría absoluta, son garantía de que Ponteareas, logo de máis dunha década, disfrute por fin dun goberno estábel, eficaz e competente”.

O BNG foi a forza máis votada en numerosas mesas do casco urbano

Solla tamén se amosou partidario de que goberne a lista máis votada, lembrando que o PP foi a forza máis votada en todas as mesas electorais. Dende o Bloque rectificaron ao Alcalde lembrando que “o BNG foi a forza máis votada en numerosas mesas do casco urbano” e amosáronse sorprendidos pola reacción de Solla, recordando que “en 2007, malia ser o BNG a forza máis votada, Solla pactou con Nava Castro no último segundo para manterse no sillón da alcaldía”.