BNG, PSOE e RIADA pechan o acordo sobre o programa de goberno

BNG, PSOE e RIADA pechan o acordo sobre o programa de goberno

negociación_gobernoLogo dunha semana de negociacións, BNG, PSOE e ARDT pecharon o acordo sobre o programa de goberno para os vindeiros catro anos. Trátase do documento que recolle en detalle as medidas que as tres forzas políticas se comprometen a levar a cabo no mandato que iniciarán o vindeiro 13 de xuño.

O programa pretende ser a guía dun traballo que en catro anos “debe significar un cambio profundo no funcionamento do Concello, tanto nas formas coma no fondo e a posta en marcha de novos proxectos para Ponteareas e solucións para os seus problemas máis acuciantes”.

Na reunión da comisión negociadora que se celebra este martes, abórdanse as áreas de goberno e as responsabilidades que asumirá cada forza política, o funcionamento e a xestión do día a día do goberno.

Creación dunha comisión para tratar a situación do servizo de recollida do lixo.

Entre os acordos aprobados figura a creación dunha comisión para tratar a situación do servizo de recollida do lixo e na que se convidará a participar á empresa e aos traballadores. BNG, PSOE, ARDT e EU-SON, felicitaron aos e ás traballadoras e á empresa por achegar posturas e desbloquear a folga do lixo antes do Corpus.