BNG, PSOE e RIADA avanzan co programa para gobernar Ponteareas

BNG, PSOE e RIADA avanzan co programa para gobernar Ponteareas

negociación_gobernoBNG, PSdG-PSOE e A Riada do Tea(ARDT) valoraron, nun comunicado conxunto, como moi positiva a reunión celebrada este luns, na que avanzaron nas liñas básicas do programa común para conformar o novo goberno de Ponteareas a partir do sábado 13 de xuño.

Os representantes das tres forzas políticas mostraron a mellor disposición para acadar un acordo programático que guíe ao futuro goberno. “Hai coincidencia nos principios que deben rexer á acción do goberno, nos asuntos prioritarios que deben ter un especial impulso do goberno así como as liñas básicas das distintas areas”.

Os tres grupos rematarán nesta semana todos os detalles do programa de goberno

BNG, PSdG-PSOE e ARDT rematarán nesta semana todos os detalles do programa de goberno no que fixaron como prioridades aprobar o Plan Urbanístico e o Parque Empresarial da Lomba, ampliar a cobertura dos Servizos Sociais co obxectivo de rematar coa exclusión social, recuperar o río Tea ou dotar a Ponteareas de vida cultural, deportiva e de ocio ampla e de calidade, entre outras medidas.