O BNG propón solucionar o grave perigo que supón o Penedo da Sobra na parroquia de Guláns

O BNG propón solucionar o grave perigo que supón o Penedo da Sobra na parroquia de Guláns

penedo sobraO BNG, recollendo a demanda dos veciños e da Comunidade de Montes da parroquia de Guláns, presentou unha proposta que será debatida no Pleno deste mes de marzo para solucionar o grave perigo que o Penedo da Sobra representa para os veciños do lugar de O Pereiro e para a estrada que comunica Couso con Guláns.

O Penedo da Sobra está situado nun desnivel, nunha ladeira de 200 metros cunha forte pendente. “Unha das partes do penedo, que está fendido en dous, corre grave risco de desprenderse monte abaixo sobre a estrada a Couso e algunhas vivendas do lugar do Pereiro”, manifestou Diego Prego, concelleiro do BNG.

Solla e Louzán incumpriron as súas promesas de resolver esta ameaza para os veciños de O Pereiro 

diego (2)Os nacionalistas lembraron que en maio de 2007, no último día de campaña das municipais, o Presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde, Salvador González Solla, anunciaban na prensa que a Deputación resolvería este grave perigo. Un mes despois incluso cortaron unha tarta co debuxo do penedo. “Dende aquela  xa pasaron oito anos e todo se quedou en propaganda, pero os veciños consideran que a ameza é maior cada ano que pasa” afirmou o concelleiro do BNG, Diego Prego.

O BNG comparte o prantexamento trasladado pola Comunidade de Montes de Guláns e propón a realización dun estudio técnico sobre os riscos de desprendemento do Penedo da Sobra e as actuacións a executar para rematar con esta situación de inseguridade. Os nacionalistas instan a Deputación provincial a colaborar co Concello de Ponteareas nestas actuacións.