O BNG propón marcar a folla de ruta para aprobar o PXOM de Ponteareas antes das municipais

O BNG propón marcar a folla de ruta para aprobar o PXOM de Ponteareas antes das municipais

RepresasGO BNG de Ponteareas, a través do seu portavoz, Xosé Represas, esixe ao goberno municipal do Partido Popular a convocatoria da Comisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal co obxectivo de avanzar na revisión das alegacións e fixar a folla de ruta para aprobar o PXOM antes das municipais. “O Plan é un documento vital para o futuro, Ponteareas ten limitado o seu crecemento porque leva doce anos co planeamento suspendido. De novo, como en todos estes anos, a incapacidade e desidia do PP está esgotando os prazos e demorando a aprobación definitiva do Plan”, declarou Represas.

O BNG fixa como obxectivo realizar a aprobación definitiva do PXOM antes do 31 de marzo de 2015; antes da convocatoria das eleccións municipais de maio, para evitar novos retrasos e novos incrementos no custe do Plan. “Os veciños e os sectores económicos afectados non teñen porque seguir pagando a incompetencia do goberno local do PP. Despois de 12 anos e de gastar máis de 700.000 euros, hai que fixar un calendario que coñezan todos os veciños e obrigue ao PP a rematar os traballos do Plan de Urbanismo” expuxo Xosé Represas para xustificar a proposta do BNG.

Esiximos a realización de reunións cos colectivos sociais para dar conta dos traballos do PXOM

Dende o Bloque propoñen a realización de xuntanzas semanais ata que conclúa o estudo e resolución das alegacións e a incorporación das modificacións a realizar en base aos informes perceptivos emitidos por outras Administracións. Os nacionalistas tamén propoñen fixar as reunións a realizar cos colectivos sociais para dar conta dos traballos realizados e co obxectivo de acadar o máximo consenso no documento definitivo do PXOM.