O BNG propón difundir a obra de Rosalía no seu aniversario

O BNG propón difundir a obra de Rosalía no seu aniversario

rosaliadecastroO BNG presenta unha moción nos concellos da comarca nos que propón conmemorar o 24 de febreiro, data na que se cumpren 178 anos do nacemento da escritora Rosalía de Castro. Os nacionalistas piden que as actividades, de promoción da obra e o compromiso da escritora máis representativa da lingua e literatura galega, se realicen ao longo de todo o mes de febreiro. Entre elas propoñen lecturas públicas dos seus textos, a organización de manifestacións artísticas como a música, o teatro ou a realización de grafittis e murais.

A proposta do BNG dos concellos do Condado, Paradanta e Louriña, tamén pide apoiar todas as iniciativas que se realicen para reivindicar o futuro da lingua galega, implicar á veciñanza e pór en marcha medidas a favor do seu uso en todos os ámbitos da vida de cada día.

Instamos á Xunta a reformar a política lingüística para favorecer o uso do galego

A moción nacionalista inclúe solicitar da Xunta de Galiza un cambio na política lingüística, vista a perda de galegofalantes según os datos difundidos recentemente, retomar o consenso e promover nun prazo máximo de seis meses reformas lexislativas guiadas pola activación de políticas lingüísticas que favorezan a lingua galega.