O BNG presenta unha candidatura renovada e con experiencia para gobernar Ponteareas

O BNG presenta unha candidatura renovada e con experiencia para gobernar Ponteareas

15_bng_asembleas_abertas_logo_cadrado_blancoO BNG-Asembleas Abertas vén de facer públicos os nomes das persoas que ocuparán os once primeiros postos na lista coa que a formación concorrerá ás eleccións municipais do 24 de maio. “É unha candidatura renovada e capacitada para asumir o goberno local de Ponteareas; persoas con formación e experiencia en distintos sectores, un equipo con forza, ilusión e ganas de traballar para cambiar o rumbo do Concello e gobernar pensando no que realmente é importante para os veciños e veciñas de Ponteareas” manifestou o candidato á alcaldía, Xosé Represas

As caras novas, combinando mocidade e veteranía, activismo xuvenil e social cos aspectos urbano e rural fan da lista unha candidatura sólida de cara as municipais. Tamén é relevante que catro dos nove primeiros candidatos teñen menos de 35 anos. As persoas da candidatura BNG-Asembleas Abertas, ademais do seu compromiso político, forman parte de asociacións veciñais, culturais, comunidades de montes, deportivas, xuvenís, sindicatos, ANPAS, etc.,

Represas presenta unha lista que combina xuventude coa experiencia de edís que repiten en postos de saída

Primeiro tramo candidatura BNGAcompañando a Represas nos postos máis altos da candidatura figuran tres concelleiras do actual grupo municipal; Cristina Fernández, administrativa no IES Val do Tea e vinculada ás ANPAS, Hortensia Bautista, mestra no ensino público, e Verónica Carrera, Educadora Social vinculada ás asociacións veciñais. Tamén conforman o primeiro tramo tres novas incorporacións de persoas que nunca participaron nunha candidatura. Francisco F. Alonso -Pancho-, Licenciado en Dereito, Postgrao Auditoría Financeira e directivo da Comunidade de Montes de Angoares; Miguel Bouzó, responsábel de Galiza Nova -organización xuvenil do BNG- en Ponteareas que combina os seus estudos de Grao Superior de Administración e Finanzas coa actividade de monitor de fútbol base; e Santiago Domínguez, responsábel Comarcal de Galiza Nova, Técnico de eficiencia enerxética, actividade na que traballa como autónomo, e foi presidente da Asociación Xuvenil de Xinzo.

Entre ás once persoas que encabezan a candidatura tamén está Dolores Covelo que conta con formación en xestión administrativa e de seguridade, actualmente en desemprego e ocupa o posto 8. No 9 figura Celso Rodríguez, Técnico en viticultura e autónomo no sector de transporte. Alba Fidalgo, responsable local do BNG, traballa nunha empresa auxiliar do automóbil, e está vinculada á labor do sindicato nacionalista CIG.  Posiciónase no número 10 da lista, seguida de Roberto Mera, que pecha o tramo dos once primeiros da candidatura. Roberto Mera foi portavoz e candidato do BNG en Ponteareas entre 1995 e 2007 e foi membro da Executiva Nacional do BNG. Na actualidade exerce como avogado con despacho en Ponteareas.