O BNG de Ponteareas renova o seu Consello Local

O BNG de Ponteareas renova o seu Consello Local

bngponteareasO BNG de Ponteareas ven de renovar a súa dirección política na localidade. Santiago Domínguez Represas foi elixido novo responsábel local do BNG de Ponteareas para continuar a liña do traballo político do BNG na localidade e facer medrar o proxecto do Bloque en Ponteareas.

O proceso de renovación prodúcese tras o histórico cambio político vivido na localidade. Este novo Consello Local nace coa vocación de dar un impulso á actividade do BNG na localidade, ao mesmo tempo que para fortalecer a acción institucional realizada no concello, traballando man a man co equipo de goberno do BNG en Ponteareas. A formación nacionalista incorpora novas persoas dispostas a implicarse en política con ganas e ilusión, nun momento no que é máis importante ca nunca a implicación e participación da cidadanía.

Hadrián Bautista será o Vicerresponsábel Local e completan a composición do Consello Local do BNG Roberto Leándrez, que asume a área de Organización, Anaís Pérez, a cargo das finanzas da localidade, Miguel Bouzó en mocidade e comunicación e a concelleira Verónica Carrera, que asume a área de muller e igualdade.