O BNG de Ponteareas recolle máis de 100 propostas veciñais nas asembleas abertas

O BNG de Ponteareas recolle máis de 100 propostas veciñais nas asembleas abertas

Reunión de traballo do BNG

O BNG de Ponteareas valora moi positivamente a participación e agradece aos veciños e representantes de colectivos sociais de Ponteareas as ideas e propostas realizadas nos últimos meses nas asembleas abertas e nas reunións con directivos de asociacións de veciños, culturais, deportivas, comunidades de montes, etc. Así mesmo, lembran que continuarán durante o presente mes de febreiro coa finalidade de rematar os encontros con todo tipo de asociacións para elaborar un programa que responda as demandas da maioría da cidadanía.

Neste proceso participativo, iniciado polo BNG no pasado mes de outubro, para detectar as necesidades e recoller as propostas para o futuro de Ponteareas e as parroquias, xa participaron 450 persoas e directivos de asociacións que aportaron máis de 100 medidas.

O BNG abre unha canle de participación coa cidadanía a través de internet

formularioOs nacionalistas, que este sábado pola mañá recolleron máis propostas na praza da igrexa, e nas vindeiras semanas noutras zonas do núcleo urbano, continuarán cos contactos coa veciñanza recollendo todas as propostas que teñan como obxectivo darlle a volta a política no Concello. Animan a participación para lograr un programa realista que responda ás demandas e necesidades de todos os ponteareáns. Para acadar ese obxectivo, e facilitar a comunicación de ideas e propostas da cidadanía, O BNG abre unha canle de participación a través das redes sociais Facebook  e Twitter, así como dun formulario aberto na páxina web do BNG de Ponteareas, onde continuarán a recoller as propostas das veciñas e veciños.

Algúns dos asistentes á asemblea aberta do venres 10 outubro. 3.O candidato do BNG á alcaldía de Ponteareas, Xosé Represas, destacou a “boa acollida, receptividade social e participación nos actos realizados e ás medidas propostas polos veciños e veciñas para sacar a Ponteareas do declive no que está polas políticas do PP. Hai unha maioría social que demanda un cambio de rumbo no Concello para acabar coa corrupción, a incapacidade e incompetencia dun goberno inútil para Ponteareas”. O portavoz do BNG agradece a colaboración das persoas que están a participar para que se mude o rumbo da política municipal en Ponteareas a partir de maio.

Todas as ideas e propostas de interese xeral quedarán plasmadas no programa de goberno que o BNG presentará publicamente unha vez finalizado este proceso participativo.