O BNG de Ponteareas propón cubrir zonas de xogos infantís para o seu uso nos días de chuvia

O BNG de Ponteareas propón cubrir zonas de xogos infantís para o seu uso nos días de chuvia

parque_praza_maiorO BNG de Ponteareas, a través do seu portavoz e candidato á alcaldía, Xosé Represas, informou da moción presentada recentemente na que solicitan que o Concello instale cubertas nalgunhas zonas de xogos infantís. Con esta proposta, o BNG leva a Pleno unha das demandas veciñais para mellorar os parques infantís.

Ponteareas, que conta cunha alta taxa de poboación infantil, non dispón de ningunha zona cuberta nos diferentes parques infantís públicos. "A instalación destas infraestruturas suporía unha solución para os días de chuvia para que as nenas e nenos poidan disfrutar dos bambáns e demais xogos infantís", segundo argumenta o portavoz do BNG.

Propomos un concurso de ideas para seleccionar as propostas que mellor se adapten

O BNG propón a convocatoria dun concurso de ideas para seleccionar as propostas que mellor se adapten ás necesidades e ao entorno dos espazos a cubrir.

Dentro dos acordos da iniciativa do Bloque, figura o compromiso de reservar unha partida económica, nos plans de obras de 2015, para cubrir como mínimo unha zona de xogos dentro deste ano.

A aprobación da proposta do BNG permitiría potenciar a utilización dos parques públicos como espazos de encontro, integración e diversión dos máis pequenos, xa que poderían utilizalos os días de chuvia ou incluso de moito sol.