O BNG de Ponteareas convoca Asemblea Aberta para o programa e a lista das municipais

O BNG de Ponteareas convoca Asemblea Aberta para o programa e a lista das municipais

Algúns dos asistentes á asemblea aberta do venres 10 outubro. 3.O BNG de Ponteareas continúa coa celebración de asembleas abertas e encontros veciñais para falar da “situación política local, así coma das alternativas e propostas para o futuro de Ponteareas”, declarou Alba Fidalgo, responsábel local do BNG.

A formación nacionalista, que chama á participación cidadá neste novo proceso de cara ás eleccións municipais de maio de 2015, celebrará o vindeiro venres 7 de novembro, a partir das oito e cuarto da noite no local do BNG -Rúa dos Mestres, 8-, unha asemblea aberta a todos os veciños e veciñas de Ponteareas.

Abrimos as candidaturas á participación da cidadanía

Dentro da folla de ruta para os comicios locais, o BNG aprobou elaborar programa e candidaturas a partir das propostas que formulen as asembleas abertas e concorrer á cita de maio de 2015 baixo a denominación “BNG - Asembleas Abertas”, un cambio que -segundo o portavoz nacional, Xavier Vence- simboliza a vontade “de sumar” para derrotar ao PP.asemblea__local “Imos abrir as candidaturas á participación desa cidadanía que quere mudar as cousas, sexa ou non sexa nacionalista”.

A convocatoria deste venres terá como obxectivo debater e aprobar os criterios, así como propor nomes de persoas para a candidatura “BNG - Asembleas abertas”, para as municipais de maio. Por outra parte, tamén aproveitaremos a reunión para ir conformando a proposta programática. O obxectivo é recoller todo tipo de aportacións e suxestións para darlle unha volta ao Concello en base aos intereses da maioría dos veciños e veciñas. “É tempo de transformar Ponteareas para acabar coa corrupción, o enchufismo e o despilfarro do Partido Popular” afirmou Alba Fidalgo, responsábel local do BNG.

O BNG continúa coas reunións en todas as parroquias

Neste mesmo sentido, os nacionalistas continúan celebrando asembleas abertas nas parroquias. Así, despois da celebrada en Moreira, ao longo da semana estarán o martes 4 en Angoares, o mércores 5 en Prado, e o xoves 6 a asemblea será na parroquia de Pías. Todas as reunións son a partir das 20:30 horas nos locais sociais destas parroquias. Os nacionalistas, que recollen as demandas, críticas e propostas, agradecen a participación veciñal que está a resultar moi positiva. Nas vindeiras semanas as reunións e encontros continuarán nas restantes parroquias e con todos os sectores sociais e económicos de Ponteareas.

asemblea__parroquial_angoares  asemblea__parroquial_piasasemblea__parroquial_prado