O BNG de Ponteareas apoia ao persoal de Kauman

Concentración ante Kauman. Foto: L.R.
Concentración ante Kauman. Foto: L.R.
O BNG de Ponteareas apoia ao persoal de Kauman

Concentración ante Kauman. Foto: L.R.

O BNG de Ponteareas manifesta o seu apoio ás reivindicacións do persoal de Kauman, empresa situada na parroquia de Bugarín que se dedica á fabricación de bandas transportadoras de caucho, ante á actitude da empresa que se nega a negociar un convenio colectivo para o centro de traballo de Ponteareas. O BNG apoia as mobilizacións que está a realizar o persoal de Kauman e anuncia a súa participación na manifestación convocada para o sábado 14 de febreiro ás 12 da mañá polas rúas de Ponteareas.

O BNG rexistra unha moción para que a Corporación mostre o apoio ao persoal

Represas_candidato_2Despois do encontro cos traballadores esta semana, durante a concentración que a diario realizan na entrada da factoría, o portavoz do BNG e candidato á alcaldía de Ponteareas, Xosé Represas, rexistrou unha moción para que a Corporación Municipal mostre en Pleno o seu apoio aos traballadores e traballadoras de Kauman. Estes están a sufrir as consecuencias da reforma laboral que fortaleceu aínda máis a situación das empresas e debilitou a posición dos traballadores, como sucede neste caso.

A iniciativa do BNG chama á empresa a retomar o camiño do diálogo e a negociar cos representantes do persoal, coa finalidade de lograr un acordo que permita mellorar as condicións laborais e económicas para rematar co conflito actual.

Os nacionalistas lembran que no pasado ano 2014, Kauman recibíu unha axuda económica da Xunta e do Estado por importe de 1,4 millóns de euros. Tratase dunha empresa rentable, como teñen manifestado os representantes dos traballadores; “acaba de repartir 143.000 euros en beneficios entre uns poucos directivos mentres o resto dos traballadores están co salario básico do convenio sectorial”.