O BNG de Ponteareas acusa ao PP de arruinar e dividir ao comercio local coas súas decisións

O BNG de Ponteareas acusa ao PP de arruinar e dividir ao comercio local coas súas decisións

O BNG criticou con dureza as decisións do goberno local do Partido Popular que están a “boicotear” as iniciativas da asociación de comerciantes de Ponteareas, “Ponteareas Comercial”.

Xosé Represas, no pleno.O portavoz do BNG, Xosé Represas, acusou ao Alcalde, Salvador G. Solla, e á concelleira de comercio, Marisol Valado, de arruinar e dividir ao comercio e hostalería de Ponteareas. “Ao goberno do PP non lle preocupa o comercio, moitas das súas decisións teñen atacado directamente a actividade económica máis importante de Ponteareas; o comercio e as súas fontes de ingresos. O PP provocou unha caída das vendas e negocio ao arruinar as feiras e mercados. Agora, Solla e Valado, en lugar de apoiar ao comercio, só lles preocupa provocar divisións e boicotear as iniciativas da asociación pioneira do comercio local. Son iniciativas positivas que permiten reactivar a actividade comercial e atraer ao centro da vila aos veciños e veciñas de todo o Concello e tamén da comarca para facer as súas compras no comercio local”, manifestou o portavoz do BNG.

O BNG pide unha reunión urxente da Comisión de apoio ao comercio e hostalería local

Imaxe da carpa principal da FeiraO BNG insta ao Alcalde a convocar urxentemente a Comisión de apoio ao comercio e hostalería local, comisión na que participan todas as asociacións do sector e todos os grupos políticos da Corporación. O obxectivo principal desta reunión é tratar as decisións do goberno local que impiden a realización dunha serie de iniciativas promovidas pola Asociación de Comerciantes de Ponteareas.

Os nacionalistas lembraron a decisión do goberno local de impedir a posta en marcha dun paquete de medidas para incentivar a actividade comercial en Ponteareas, iniciativas rexistradas polo BNG hai máis de 8 meses como a creación dun “BONO COMERCIO” para incrementar as ventas e o consumo no comercio e hostalería.