O BNG pide explicacións ao goberno do PP sobre os contratos que foron obxecto de rexistro xudicial

Acta do Pleno no que só o BNG votou en contra do contrato demantemento da ETAP
Acta do Pleno no que só o BNG votou en contra do contrato demantemento da ETAP
O BNG pide explicacións ao goberno do PP sobre os contratos que foron obxecto de rexistro xudicial

A policía xudicial, na “operación Patos”, requiríu o rexistro de intereses de Solla e Villar

Os axentes levan a documentación Foto: G.P.

O BNG de Ponteareas pediu, no Pleno da noite do martes, explicacións ao alcalde, Salvador G. Solla e a concelleira de facenda, Belén Villar, sobre os contratos e toda a documentación que motivou o rexistro xudicial que do que foi obxecto o Concello na mañá do martes, no marco da “operación Patos”.

O BNG esixiu ao goberno do PP que ofrecese toda a información para resolver as dúbidas que xorden na cidadanía sobre os posíbeis amaños nas concesións dos servizos públicos que, como xa teñen denunciado as nacionalistas, afloran pola privatización dos mesmos. Tamén pediron explicacións sobre o rexistro de intereses de Solla e Villar que requiríu a policía xudicial

Na documentación estaría o contrato de mantemento da ETAP, do que o BNG xa advertira no Pleno de outubro

Os nacionalistas lembraron que o contrato de mantemento da estación potabilizadora da auga de Ponteareas (ETAP), que estaría entre a documentación requirida pola policía xudicial, foi aprobado o pasado mes de outubro con único voto en contra do BNG. Os nacionalistas cuestionaron a legalidade do contrato e pediron, no Pleno do 15 de outubro de 2013, que se solicitase informe previo do Consello Consultivo de Galiza polas posibles causas de nulidade nas que se podía estar incorrendo.

O contrato da ETAP, ata 2020, supuxo unha ampliación do contrato existente coa empresa Aquagest, sen realizar unha convocatoria pública do mesmo. O BNG advertíu que o contrato con esta empresa, aprobado polo PP en xullo de 1998, podía ser nulo porque se pasara dun arrendamento que finalizaba en 2002 a unha concesión ata 2020, unha ampliación de 18 anos sen sacar a concurso público o contrato.

O BNG planteará a creación dunha comisión de investigación sobre os contratos con Aquagest

Xosé Represas, Portavoz BNG

A marxe das dilixencias xudiciais, o BNG plantexará a creación polo Pleno dunha comisión de investigación sobre os contratos que ten o concello de Ponteareas con Aquagest  para “revisar as condicións da concesión pública, as condicións da adxudicación inicial e na actualidade, ten que haber a máxima transparencia e que se aclare a legalidade das concesións e as contas destes contratos, as veciñas e veciños deben ter toda a información sobre os contratos e o uso do seu diñeiro” manifestou o portavoz do BNG, Xosé Represas.

 

 

Acta do Pleno no que só o BNG votou en contra do contrato de mantemento da ETAP:

Acta do Pleno no que só o BNG votou en contra do contrato demantemento da ETAP