O BNG organiza un acto informativo sobre os recortes no novo hospital

O BNG organiza un acto informativo sobre os recortes no novo hospital

Acto-ponteareasO BNG organiza un acto informativo sobre os recortes no novo hospital da área sanitaria de Vigo. O acto terá lugar este luns 31 de agosto ás 20:30 horas no Patio do Centro de Servicios Sociais de Ponteareas, na Rúa Oriente nº8. No acto intervirá Manuel González Moreira, da Plataforma SOS Sanidade Púlbica.

A problemática do novo hospital aféctanos a todas e todos nesta comarca, pola deficiencia no trasporte público, a falta de aparcadoiro público e gratuíto no propio hospital e os recortes na saúde pública.

O BNG presentou no Parlamento Galego dúas proposicións non de lei coas que pretende “garantir que o novo hospital de Vigo teña unhas mínimas condicións para as persoas doentes” e tamén para exixir “responsabilidades ao Partido Popular”.

Dende o BNG mostramos o noso apoio á manifestación que terá lugar o xoves día 3 de setembro ás 20:00h dende o Hospital Xeral, e animamos a participar desta a toda a cidadanía.