O BNG opónse á decisión da Xunta de eliminar paradas de autobús en Batalláns, Uma e Guillade

O BNG opónse á decisión da Xunta de eliminar paradas de autobús en Batalláns, Uma e Guillade

bngOs portavoces do BNG nos concellos de As Neves, Salvaterra e Ponteareas, veñen de presentar unha alegación contra a decisión da Dirección Xeral de Mobilidade e Transportes da Xunta de Galicia de eliminar varias paradas na rota de transporte regular de viaxeiros de As Neves-Taboexa-Batalláns-Uma-Guillade-Ponteareas.

Esta decisión afecta ás 4 viaxes diarias desta liña de transporte regular de viaxeiros, que transcorre pola estrada PO-402 nos horarios de 8 e 15:10 horas de saída de As Neves e de 12:45 e 18:45 horas de saída de Ponteareas.

O goberno do PP na Xunta deixa sen servizo a preto de 1000 persoas

parada guilladeCon esta decisión, o goberno do Partido Popular na Xunta deixa sen servizo a perto de 1.000 veciños e veciñas que viven no entorno das paradas que eliminan.

O BNG está celebrando encontros cos veciños afectados pola eliminación destas paradas para informar desta decisión e obrigar á Xunta a repoñer os servizos de transporte de viaxeiros para estas parroquias de As Neves, Salvaterra de Miño e Ponteareas.