BNG obrigará ao PP a dar conta das negociacións coa empresa do lixo e da substitución de colectores

BNG obrigará ao PP a dar conta das negociacións coa empresa do lixo e da substitución de colectores

Pleno_decembro_2O BNG de Ponteareas anunciou que obrigará ao alcalde, Salvador González Solla, e ao concelleiro de Servizos Comúns, Jesús Cao, a dar conta das negociacións mantidas coa empresa de recollida do lixo, FCC. Estas negociacións tiñan como obxectivo rebaixar o prezo do contrato coa empresa concesionaria deste servizo municipal, negociación que mantiñan dende hai máis de 3 anos, segundo manifestara o concelleiro do PP.

A incompetencia de Solla, Cao e o PP impide un aforro de máis de 500.000 euros

O BNG esixirá ao goberno do PP que explique os motivos polos que rompe unha negociación que suporía un aforro superior aos 500.000 euros sen afectar ao emprego nin a calidade do servizo. Este aforro recaería en gran medida en substituír unicamente os vehículos e colectores que foran necesarios e conservando os que están en bo uso, en lugar da renovación prevista na concesión inicial. Incomprensiblemente, nas últimas semanas, estase a realizar unha renovación de colectores que están en bo uso e impedindo o aforro previsto.

Dende o Bloque lembran que o PP prometeu publicamente a rebaixa no cánon de recollida do lixo, e o propio concelleiro do PP, Jesús Cao, responsable deste servizo, recoñeceu hai un ano no Pleno que contaba pechar en poucos días un acordo coa empresa para rebaixar o prezo do contrato. “Solla e Cao non só non foron capaces de chegar a un acordo para aforrar no contrato senón que coas súas decisións incrementaron enormemente o gasto do da recollida do lixo” afirmaron os nacionalistas con relación aos máis de 20.000 euros tirados nunha consultaría sobre o servizo. Este informe non tivo ningunha utilidade para mellorar o servizo nin para renegociar o contrato ou a recente condena de máis de 280.000 euros en intereses de demora de diversas facturas deste servizo.

Os nacionalistas pedirán un informe técnico sobre o estado dos colectores e vehículos retirados, “son propiedade do Concello e Solla e Cao terán qué xustificar que uso se lle vai dar e a onde van ir parar os centos de colectores que están en boas condicións de uso”