O BNG obriga a Solla a dar conta da tramitación do PXOM no Pleno

O BNG obriga a Solla a dar conta da tramitación do PXOM no Pleno

bngponteareasO BNG de Ponteareas forzou ao alcalde do PP, Salvador González Solla, a comparecer no pleno deste martes para dar conta da tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Os nacionalistas, que acusan ao PP de levar 12 anos impedindo que Ponteareas conte cun Plan Urbanístico, queren evitar que o PP esgote os prazos para impedir a aprobación definitiva do Plan, antes da convocatoria das vindeiras eleccións municipais, por iso propoñen fixar publicamente no Pleno o calendario concreto, con toda a tramitación necesaria, para que o Plan poida volver a Pleno antes do 31 de marzo de 2015 co máximo consenso social e político.

Logo da negativa de Solla a convocar a Comisión do PXOM, o Alcalde terá que responder no Pleno da situación de na que se atopan os traballos de revisión das alegacións do Plan Xeral, as modificacións a realizar en base aos informes sectoriais doutras administracións, a previsión de reunións con todos os colectivos que presentaron alegacións ao PXOM ou os prazos previstos para consensuar as modificacións do PXOM con todos os Grupos da Corporación Municipal e colectivos sociais.

Alegacións á Ordenanza de emerxencia social,aprobada por PP, ACIP e PSOE, para incluír axudas para alimentación e material escolar ás familias sen recursos

represas_peO Pleno tamén tratará as alegacións, presentadas polo BNG e Ponte Solidario, á Ordenanza das axudas de emerxencia. O BNG propón incorporar as axudas básicas de emerxencia que PP, ACIP e PSOE eliminaron na aprobación inicial; axudas para necesidades básicas de alimentación, vestido, produtos de hixiene persoal, etc., e outras como as axudas para libros e material escolar, para as familias en risco de exclusión social. “Ponteareas é o único concello de máis de 20.000 habitantes que non contempla estas axudas básicas de emerxencia social” afirmou o portavoz do BNG, Xosé Represas.