O BNG obriga a Solla a comparecer sobre a consolidación dos "enchufados" que investiga a fiscalía

O BNG obriga a Solla a comparecer sobre a consolidación dos "enchufados" que investiga a fiscalía

Solla_plenoO BNG de Ponteareas obriga ao Alcalde, Salvador González Solla, a comparecer no Pleno ordinario de febreiro que se celebra este martes para dar conta da situación do proceso de consolidación dos traballadores afectados pola “sentenza dos enchufados”. Ademais, terá que dar conta das distintas resolucións sobre a legalidade desta tramitación iniciada en 2008, paralizada en 2012 e reactivada de novo nos últimos meses para consolidar aos enchufados do Partido Popular, empregados no Concello con Castro na alcaldía.

González Solla terá que dar conta de todo o relativo á documentación deste proceso que recentemente foi requirida pola fiscalía da Área de Vigo. Dado que tamén son obxecto de investigación procesos de consolidación xa rematados, o BNG insta ao Alcalde a explicar as consecuencias para o Concello dunha posible anulación destes procesos e a responsabilidade política destas decisións.

O Bloque tamén pedirá no Pleno a paralización deste proceso de consolidación reactivado nos últimos meses. “Decisión que por prudencia corresponde adoptar ao estar aberta esta investigación da fiscalía, para evitar maiores prexuízos á institución municipal e para que no futuro poida realizarse unha convocatoria pública e con transparencia das prazas afectadas pola referida sentenza e a investigación en marcha” afirmaron os nacionalistas.

Acompañamos a moción que presentamos para a comparecencia do Alcalde.

Comparecencia Alcalde enchufados