O BNG levará a Pleno a problemática dos emigrantes retornados

O BNG levará a Pleno a problemática dos emigrantes retornados

grupoO BNG volveu mostrar o seu apoio aos emigrantes retornados nas súas reclamacións ao goberno de Mariano Rajoy para unha modificación fiscal que non prexudique ás persoas que perciben pensión do estranxeiro. Segundo manifestou o portavoz do BNG e candidato á alcaldía de Ponteareas, Xosé Represas, “o goberno do Partido Popular está a acometer cos emigrantes retornados unha das maiores inxustizas, trata aos galegos e galegas que no seu día contribuíron ao enriquecemento deste país grazas ao seu traballo na emigración como se fosen defraudadores fiscais.”

O BNG propón unha modificación fiscal que non prexudique aos pensionistas da emigración

O BNG de Ponteareas presentou no Concello unha moción pola que se insta ao Goberno do Estado a que todas as pensionistas teñan un trato fiscal idéntico, fosen emigrantes ou non. Represas lembrou que “Galiza é un pais de emigrantes e volve a selo, os máis de 250.000 traballadores galegos pensionistas da emigración o único que piden é a derogación da lei 35/2006 por inxusta”.

O colectivo de pensionistas da emigración plantexa unha modificación lexislativa que fixe un mesmo réxime do IRP, validar de oficio as pensións de invalidez recoñecidas nos países de orixe, evitar a dupla imposición verificando as prestacións xa sometidas a gravame no pais de orixe, a devolución de oficio de todo o pagado e a anulación de todos os expedientes.

Recoñecemos a labor das asociacións de emigrantes

Os nacionalistas recoñecen a labor de inMani_pensions_3formación e presión realizada polas asociacións de emigrantes retornadas como a Asociación de Xubiladas Emigrantes do Condado. Grazas a elas coñécese este trato inxusto e discriminatorio. Tamén esa contestación social motivou a introdución na reforma fiscal prevista para 2015 dun “proceso de regularización” dirixido a este colectivo que, con todo, é unha solución parcial que non asegura un tratamento fiscal equitativo e non discriminatorio respecto doutras persoas que só perciben pensións de organismos do Estado español.