O BNG leva a Pleno que Xunta e Deputación paguen o 50% da obra da nova escola infantil

O BNG leva a Pleno que Xunta e Deputación paguen o 50% da obra da nova escola infantil

As nosas iniciativas contrastan coa desidia do goberno do PP, que non presenta nada a este Pleno

O BNG de Ponteareas, a través do portavoz municipal Xosé Represas, deu conta das mocións dos nacionalistas que serán debatidas no Pleno ordinario de xaneiro, e contrastou as iniciativas dos nacionalistas frente a paralización do PP. “O goberno de Solla esta completamente paralizado, un goberno sen iniciativa nen ideas que non leva nada ao Pleno”, declarou o portavoz nacionalista referíndose ao orde do dia do Pleno na que as únicas mocións que se votarán serán as presentadas polo Grupo Municipal do BNG.

Un dos puntos destacados polos nacionalistas é o relativo aos orzamentos da Xunta para 2013, incorporando as actuacións que neste momento son importantes para Ponteareas e que o goberno de Feijoo deixou fora, como a realización do Plan parcial da zona industrial da Lomba para que poida aprobarse co PXOM, o desbloqueo do Parque Empresarial, as asignacións económicas para os comedores escolares, a recuperación do colexio “Fermín Bouza Brey”, o proxecto dun novo Colexio de Infantil e Primaria ou melloras de seguridade viaria nas estradas de titularidade autonómica que cruzan o concello de Ponteareas.

O Pleno tamén tratará os investimentos da Xunta para 2013 en Ponteareas

“Son necesidades prioritarias que o PP leva anos retrasando ou incluso boicoteando como o parque empresarial. Agardamos que reciban o apoio de todos os grupos, tamén do PP, xa que se trata de propostas viables que se poden incorporar nos orzamentos da Xunta para 2013”, manifestou Represas.

Financiación do 50% da nova Escola Infantil a cargo da Xunta e Deputación

Outra iniciativa está relacionada coa construción da nova escola infantil para a etapa de 0 a 3 anos. Despois de dous anos de retrasos pola incapacidade do goberno local para xestionar os terreos, neste momento as condicións que quere impoñer a Xunta ameazan con imposibilitar a construción da nova escola infantil de 74 prazas.

Para desbloquear esta situación, os nacionalistas propoñen que a Corporación se pronuncie para que Xunta e Deputación paguen o 50% do custe da construción, pola imposibilidade de asumilo o Concello. “Agora é o momento de pasar das palabras aos feitos. O PP ten que abandonar a propaganda e concretar o apoio da Xunta e Deputación para que Ponteareas conte coa nova Escola Infantil” afirmou o Portavoz do BNG.

Os nacionalistas lembran que cada ano quedan máis de 100 nenas e nenos en lista de espera, polo que con este proxecto aínda non se daría resposta a toda a demanda.