O BNG leva ao Parlamento Galego as demandas do alumnado do IES Pedra da Auga

O BNG leva ao Parlamento Galego as demandas do alumnado do IES Pedra da Auga

adan depuatdaA deputada do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán, presentou unha iniciativa parlamentaria para o seu debate no Pleno instando á Consellería de Educación a subsanar todas as necesidades do IES Pedra da Auga derivadas do incendio do pasado 24 de novembro, que calcinou as ferramentas e as instalacións destinadas ao Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles.

 

Adán salientou que “tres meses despois do incendio, a Consellería de Educación aínda non arranxou os desperfectos causados polo incendio e foi o propio centro quen adiantou 20.000 euros a unha empresa para limpar as instalacións afectadas”. Por este motivo, o BNG presentou diversas preguntas parlamentarias co fin de coñecer as medidas urxentes que vai adoptar a Consellería de Educación e cales son os motivos polos que aínda  non se tomaron medidas con anterioridade para solucionar o problema.

 

O alumnado xa está farto de limpar e colocar as poucas cousas que teñen

A parlamentaria nacionalista criticou que “poucos días despois do incendio, leváronse material que podía ser recuperable para proceder á súa limpeza, pero a día de hoxe aínda non volveu ao centro. A situación continúa sen mellorar, e o alumnado xa está farto de limpar e colocar as poucas cousas que teñen para realizar as prácticas no taller”

“Esiximos que a Consellería de Educación dote aos talleres do Ciclo Medio de Electromecánica do IES Pedra da Auga do material e das condicións que se precisan para poder recibir os módulos profesionais e a materia de Iniciación á Mecánica nas condicións axeitadas”, indicou Carme Adán.

Xosé Represas e Cristina Fernández Davila recibiron ao alumnado afectado e trasladáronlle o apoio do goberno

alumnadoO alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Educación, Cristina Fernández Davila, que lle comunicaron á deputada do BNG a problemática existente, recibiron ao alumnado afectado para amosar o apoio do goberno municipal. Así mesmo, esixen á Xunta que poña fin aos case 3 meses de inactividade que acumulan os estudantes.