VILLAR PRETENDE SER ALCALDESA CANDO NON SE ENTERA NIN DO DA SÚA PARROQUIA

O BNG lamenta a desinformación de Belén Villar sobre as obras da estrada de Ribadetea

Visita dos técnicos co alcalde e deputado á estrada de Ribadetea
Visita dos técnicos co alcalde e deputado á estrada de Ribadetea
O BNG lamenta a desinformación de Belén Villar sobre as obras da estrada de Ribadetea

O BNG de Ponteareas, a través do seu responsable local, Nemesio Boente, amosouse sorprendido e lamentou a “desinformación” de Belén Villar respecto ás obras previstas pola Deputación de Pontevedra na estrada de Ribadetea. A portavoz do PP criticou esta semana ao goberno pola “falta de información aos veciños” sobre dita obra.

Dende o Bloque lembran que “no pasado mes de xullo o proxecto foi presentado aos colectivos sociais no Centro Cultural de Ribadetea nun encontro ao que acudiu o deputado de mobilidade da Deputación, Uxío Benítez, técnicos desta institución e o alcalde de Ponteareas con membros do goberno. Ademais, analizouse cos colectivos a documentación técnica, á que formularon ideas e propostas de mellora. Tamén se difundiu nos medios de comunicación a existencia do proxecto e a próxima execución da obra, atopándose o proxecto na Deputación de Pontevedra a disposición de calquera cidadán e de calquera concelleira, como a señora Villar”.

O BNG salienta a importancia da actuación, cun investimento de 780.000 euros “que suporá unha enorme mellora da estrada e da súa seguridade para os peóns, dando resposta a unha demanda histórica de Ribadetea que os gobernos do PP no Concello e Deputación nunca atenderon”.

Nemesio Boente considera paradóxico que “Belén Villar pretenda ser alcaldesa de Ponteareas cando non se entera sequera do que pasa na súa propia parroquia”.