O BNG insta ao PP a deixar de facer o ridículo sobre a xestión económica despois de arruinar Ponteareas

O BNG insta ao PP a deixar de facer o ridículo sobre a xestión económica despois de arruinar Ponteareas

bng-logo-2017O BNG saíu ao paso das declaracións feitas polo Partido Popular sobre a xestión da Facenda Municipal. Dende o Bloque aseguran que “ao PP debería causarlle rubor falar de irresponsabilidade despois de incumprir obrigas de pago con numerosas empresas, acumular 18 millóns de euros de débedas e ser incapaces de aprobar nin un só orzamento no seu último mandato”.

 

A formación nacionalista asegura que “a altura moral do PP queda demostrada cando intentan dar leccións de como xestionar o concello despois de arruinar Ponteareas”. Neste sentido, instan ao Partido Popular a “deixar de facer o ridículo con atrancos e obstrucións e a ser útiles dunha vez por todas con iniciativas para o beneficio de Ponteareas”.

 

Dende o Bloque animan ao goberno local e ao seu concelleiro de Facenda, Francisco Alonso, a “seguir o camiño de pór orde nas contas municipais para que o diñeiro das e dos ponteareáns poida estar destinado a atender as demandas da cidadanía en vez de a pagar pufos provocados pola nefasta xestión e o desastre do PP”