O BNG incorpora as propostas veciñais no programa de goberno para Ponteareas

O BNG incorpora as propostas veciñais no programa de goberno para Ponteareas

Algúns dos asistentes á asemblea aberta do venres 10 outubro. 3.O BNG de Ponteareas aprobou o pasado xoves, en asemblea aberta, as liñas xerais do seu programa de goberno, “un programa para cambiar o rumbo do Concello con medidas realistas e que incorpora máis de 100 propostas veciñais, propostas para solucionar problemas concretos. Un programa que recolle as prioridades de Ponteareas que se poden cumprir en 4 anos, non incluiremos promesas que non poidamos realizar”, declarou Xosé Represas, candidato do BNG-Asembleas Abertas á alcaldía de Ponteareas.

Represas indicou as principais liñas políticas do programa nacionalista; medidas para incentivar a creación de emprego e a actividade comercial cunha partida económica específica, unha profunda modificación dos servizos sociais para centralos nas persoas máis castigadas pola crise, con medidas que apostan por unha xestión transparente e con participación veciñal como mellor fórmula para loitar contra a corrupción e o enchufismo no Concello, rematar o Plan Urbanístico, modernizar a xestión municipal e dar resposta inmediata ás reclamacións da cidadanía.

Revisaremos as taxas e impostos para rematar coa brutal suba de impostos aprobada por PP e ACIP

Represas_candidato_2O candidato do BNG tamén destacou que “revisaremos o IBI, o imposto de obras, de vehículos e o conxunto de taxas e impostos municipais para rematar coa brutal suba de impostos aprobada por PP e ACIP”. “Solla só sabe subir impostos, rebaixar o diñeiro destinado a investimentos e endebedar ao Concello para manter o tinglado do PP” insistiu Represas.

Xunto a esta medidas, as liñas de traballo de Represas inclúen unha aposta clara por unha xestión que mellore a calidade de vida da cidadanía para facer de Ponteareas un concello e unha vila con actividades de ocio, cultura e deporte, que dinamice o comercio e potencie Ponteareas como centro de servizos de toda a comarca.