O BNG e Galiza Nova organizan un coloquio sobre a situación das persoas refuxiadas na Unión Europea

O BNG e Galiza Nova organizan un coloquio sobre a situación das persoas refuxiadas na Unión Europea

cartaz_refuxiadosO BNG e a súa a organización xuvenil, Galiza Nova, organizan en Ponteareas un coloquio sobre a situación das persoas refuxiadas na Unión Europea. O acto terá lugar este sábado 9 de abril a partir das 19:30 h no Centro Artístico Sportivo e consistirá nun coloquio coa portavoz do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, e o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera.

Ana Miranda contará de primeira como se desenvolve a situación

Ana Miranda, que recentemente visitou o campo de refuxiados de Calais, en Francia, contará de primeira man o que aconteceu e como se desenvolveu a situación despois de que a UE e Turquía asinasen un pacto polo que se devolverá a Turquía ás persoas refuxiadas cando estas intenten entrar en Europa, “facendo así que todo o seu percorrido por sobrevivir da guerra e da miseria non sirva para nada”.

Galiza Nova e o BNG convidan a participar deste coloquio no que se analizarán como, segundo indican, "os Estados Unidos, Israel e a Unión Europea destrúen diversos países para alcanzar os seus obxectivos xeoestratéxicos e espoliar os seus recursos naturais, máis en concreto o petróleo”.