O BNG denuncia o boicot do PP ao comercio e hostalería local por impedir a aprobación de medidas

O BNG denuncia o boicot do PP ao comercio e hostalería local por impedir a aprobación de medidas

Pleno_febreiroO BNG de Ponteareas criticou con dureza o “boicot” do goberno local do Partido Popular ao comercio e hostalería de Ponteareas por impedir a posta en marcha dun paquete de medidas para incentivar a actividade comercial en Ponteareas. Estas iniciativas foron rexistradas polo BNG hai máis dun mes e incluían a creación dun “BONO COMERCIO” para incrementar as ventas e o consumo no comercio e hostalería. Neste tempo, o goberno do PP impediron que Intervención informase do custe das medidas, condición previa para a súa aprobación polo Pleno.

represas_febreiroO portavoz do BNG, Xosé Represas, lamentou que ao goberno do PP no concello non lle preocupe o comercio de Ponteareas. “Moitas decisión do Partido Popular teñen atacado directamente a unha das fontes importantes de ingresos para o comercio e a hostalaría de Ponteareas. O PP arruinou as feiras e os mercados, provocando unha caída en picado das vendas en moitos sectores do comercio e a hostalaría local. Por culpa do PP os mercados deixaron de ser días nos que milleiros de persoas acudían ao centro da vila facendo tamén as súas compras no comercio local. Agora, o Alcalde e a concelleira de comercio, en lugar de apoiar as demandas do sector, só se preocuparon de boicotear a posta en marcha de iniciativas positivas para o comercio e o mantemento dos postos de traballo”.

O PP fomenta a desaparición do pequeno comercio e a destrución de emprego

feira corO PP, en lugar de permitir a aprobación de medidas valentes de apoio ao comercio, hostalería, autónomos e pemes en xeral, non fai máis que por pedras nas rodas da economía local.

O BNG acusou ao PP de fomentar a desaparición do pequeno comercio e a destrución de emprego. “Solla e o PP son os maiores destrutores de emprego en Ponteareas: miraron para outro lado no caso de Avigán, persiguen ás empresas que crean emprego como Ecocelta coa intención de pechalas, non fan nada por lograr o parque empresarial e afundiron as feiras e mercados”.

"Todo o sector comercial de Ponteareas está atónito coa política do PP en canto á promoción deste sector económico fundamental para o concello. E por se fose pouco, nestas semanas, os comerciantes e todos os veciños recibirán un novo golpe para as súas economías, a suba dun 17% no recibo da auga."

Forzaremos no Pleno do martes un acordo para a posta en marcha dos incentivos ao comercio e hostalería

Os nacionalistas forzarán, no Pleno do martes 18, un acordo para a posta en marcha dos incentivos ao comercio e hostalería. O BNG propón que no deseño das iniciativas como o BONO COMERCIO, incentivos fiscais ou a revisión de taxas, participen todas as asociacións coa Corporación. Os nacionalistas pretenden unir a todo o sector para defender a actividade comercial e o emprego.

O BNG esixirá explicacións a Valado pola posible tolerancia con postos de ambulantes sen autorización

O BNG, que pediu a comparecencia no Pleno da concelleira de comercio e emprego, Marisol Valado, esixirá explicacións pola posible tolerancia da concelleira con postos de ambulantes sen autorización como sucedeu o pasado venres 14, situación que provocou algúns incidentes. A concelleira non desmentiu, a pesares do requirimento no mesmo venres do presidente da asociación de ambulantes, a súa autorización para a instalación dalgúns postos ilegais.