O BNG cualifica a programación de verán do goberno municipal do PP de paupérrima e carente de ideas

O BNG cualifica a programación de verán do goberno municipal do PP de paupérrima e carente de ideas

prazaO BNG cualifica como lamentable, cutre e carente de ideas a programación estival do Concello. A concelleira do BNG, Hortensia Bautista, acusou ao Alcalde e ao concelleiro de Cultura e Turismo, Andrés Sampedro, do Partido Popular, de converter Ponteareas nun deserto cultural. “A programación municipal de verán é lamentable cun contido máis pobre cada ano e pon de manifesto a carencia de ideas e proxectos do PP, convertendo Ponteareas nun pobo morto e aburrido sen nada interesante promovido polo Concello”.

Tensia_BautistaOs nacionalistas subliñan a inexistencia dunha programación de verán digna dun concello como Ponteareas. A oferta de actividades limítase aos eventos organizados por colectvios  asociacións, e particulares alleas ao goberno municipal. O goberno local do PP o único que fai e subirse ao carro para sair na foto e facer  propaganda anunciando os diferentes eventos organizados por distintas asociacións e colectivos de Ponteareas. A concelleira do BNG referiuse aos eventos e actividades promovidas e organizadas polas entidades veciñais e culturais das parroquias, polas asociacións de hostaleiros e comerciantes da vila, así como o Festival promovido pola Fundación Rogelio Groba. “Isto é unha mostra clara de que son estas entidades as encargadas de dinamizar culturalmente o Concello suplindo a desidia, ineficacia e falta de ideas do goberno municipal e así evitar que Ponteareas se convirta nun deserto cultural tamén nos meses de verán".

Ponteareas dá pena e lástima porque Solla e Sampedro non dan para máis

Segundo Hortensia Bautista, “o PP trata de escusarse na crise económica para ocultar a súa crise de ideas e a súa anacrónica mentalidade, cunha  particular prevención en contra da cultura do noso país excluindo da programación do Concello a artistas e grupos que poñen en valor a identidade cultural galega.

Os nacionalistas lembran que “mentres outros concellos dos arredores, incluso máis pequenos que Ponteareas, ofrecen desde hai anos eventos variados e de prestixio internacional como concertos, festivais de teatro, monicreques, curtametraxes ou documentais, Ponteareas dá pena e lástima porque Solla e Sampedro non dan para máis. A falla de ideas incluso levou ao PP ao patetismo ata o punto de ofrecer como programación visitas ao cemiterio ou a incluír no programa rutas de sendeirismo que finalmente suspendería, nalgúns casos”.