LUÍS BARÁ PIDE QUE A XUNTA ATENDA AS NECESIDADES BÁSICAS E VITAIS PARA PONTEAREAS

O PP despreza aos veciños de Ponteareas nos Orzamentos da Xunta para 2018

Luís Bará con membros do BNG na parroquia de San Mateo
Luís Bará con membros do BNG na parroquia de San Mateo
O PP despreza aos veciños de Ponteareas nos Orzamentos da Xunta para 2018

O BNG ven de avaliar o proxecto de Orzamentos da Xunta de Galiza para o 2018. Acompañado de membros do BNG e do Deputado no Parlamento Galego, Luís Bará, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, considerou “un desprezo intolerable para Ponteareas” o proxecto que presenta o PP, por “marxinar ás veciñas e veciños de Ponteareas e continuar a situación de abandono que mantén a Xunta coa nosa localidade”.

2. Bará, en San MateoAnte a inexistencia de partidas económicas concretas destinadas a Ponteareas, o deputado Luís Bará remarcou que “non pedimos ningún luxo, ningunha obra faraónica, só pedimos que se cubran necesidades tan básicas e vitais como que as veciñas e veciños de Ponteareas poidan contar con auga potable ou con saneamento.” Neste sentido, o BNG presenta unha emenda reclamando a implicación da Xunta na ampliación da rede de subministro de auga potable ata completar a totalidade das vivendas nas parroquias de Moreira, Fontenla, Angoares e San Mateo de Oliveira. Nesta última, o deputado do BNG lembrou que “hai escasas semanas as veciñas e veciños vían con impotencia como non podían dispor deste recurso básico mentres as súas vivendas estaban cercadas polo lume”.

Bará na Avenida CastelaoEntre a batería de emendas que presenta o BNG aos Orzamentos da Xunta para 2018, inclúese a reserva de partidas orzamentarias para a execución do proxecto de saneamento aprobado para a parroquia de Ribadetea, a mellora da seguridade viaria con dotación de beirarrúas nos tramos urbanos da estrada Mondariz-Salvaterra, obras de eficiencia enerxética e rehabilitación do CEIP Fermín Bouza Brey, a construción de ximnasios nas escolas de Guláns e Santiago de Oliveira, a nova escola infantil de Ponteareas ou a restauración da Ponte dos Remedios e protección doutros elementos do patrimonio.

O BNG é contundente ao sinalar que ao PP quédanlle dúas opcións, “ou aceptar as emendas que lle propomos para atender ás demandas das veciñas e veciños de Ponteareas, ou continuar co seu desleixo para deixalos tirados e ser politicamente inútiles para a cidadanía de Ponteareas”

Continuos incumprimentos do PP coa Circunvalación

Outra das emendas que presenta o BNG aos Orzamentos da Xunta solicita que se inclúa unha partida orzamentaria para a redacción do proxecto da Circunvalación de Ponteareas.

4. Bará no Bouza BreyDende o Bloque consideran que “o PP toma por parvos aos veciños de Ponteareas. Levan máis de 20 anos vendendo fume coa promesa da circunvalación, pero á hora da verdade non destinan nin un só euro para redactar o proxecto que faga realidade esta promesa”. Represas lembrou que “no ano 2015 a Conselleira de Infraestruturas comprometeuse co Concello e co Ministerio de Fomento a redactar o proxecto de trazado e construción, pero xa pasaron dous anos e seguimos sen nada, todo propaganda”.