O BNG condena os insultos e faltas de respecto do PP ponteareán no Pleno

O BNG condena os insultos e faltas de respecto do PP ponteareán no Pleno

2016011602440998749O BNG condena as actitudes do Partido Popular no pleno ordinario celebrado na noite deste martes. Cando o alcalde ponteareán, Xosé Represas, explicaba o procedemento, consultado xuridicamente, para someter a votación unha moción dos populares, o seu portavoz Salvador G. Solla, “interrompeu ao alcalde en repetidas ocasións con berros e insultos”. Tal e como aclara o BNG, "tras ser advertido ata en tres ocasións polo alcalde, o concelleiro está obrigado a abandonar a sala, como indica o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Despois de que Solla continuase interrompendo a berros sen estar no uso da palabra e ante a negativa a abandonar o Pleno, Represas procedeu a suspender a sesión plenaria.

 

O BNG sinala que “non se poden consentir as reiteradas faltas de respecto, insultos e malas maneiras deste e doutros concelleiros á Corporación da que forma parte nin á veciñanza”. Así mesmo, os nacionalistas aseguran “non entender os motivos do nerviosismo e da axitación de Solla nos últimos meses”, e cuestionan “a lexitimidade do Partido Popular para criticar e esixir ao goberno local que faga en meses o que os gobernos da dereita non conseguiron facer en décadas”.